Unha rede social que non está en venda.
A cronoloxía de inicio debería conter aquelo que máis che interesa, non o que unha empresa considera que debes ver. Un concepto totalmente diferente de rede social, baixo o control das persoas.
En control da túa cronoloxía
Sabes mellor ca ninguén o que queres ver na cronoloxía. Non hai algoritmos nin publicidade facéndoche perder o tempo. Segue cunha soa conta a outras persoas en servidores diferentes ao teu, recibirás as publicacións en orde cronolóxica, e farás deste curruchiño de internet un lugar para ti.
Crea a túa audiencia con tranquilidade
Mastodon permíteche xestionar a túa audiencia sen intermediarios e dun xeito único. Ao instalar Mastodon na túa propia infraestrutura podes seguir e ser seguido por calquera outro servidor Mastodon en internet e estará exclusivamente baixo o teu control.
Creatividade se comparación
Mastodon ten soporte para audio, vídeo e imaxes nas publicacións, descricións para mellorar a accesibilidade, enquisas, avisos sobre o contido, avatares animados, emojis personalizados, control sobre o recorte de miniaturas, e moito máis, para axudarche a expresarte en internet. Tanto se publicas o teu arte, música ou podcast, Mastodon está aquí para ti.

